Páxina web (Parte 1)
Ola a todos e a todas! Nos post de hoxe queremos contarvos como naceu a nosa páxina web ''O noso corpo'' . Cando falábamos de organizar todo o traballo, decidimos que todo o material didáctico estaría organizado del algunha maneira. Barallamos dúas opcións, a opción de crear un blog ou unha páxina web . Finalmente, decidímosnos pola páxina web porque xa íamos ter un blog a modo diario (así o pedía o profesor) e queríamos descubrir formas de traballar novas e diferentes. Decidimos crear a nosa páxina web con Google Sites, xa que parecía unha plataforma sinxela e xa aproveitábamos a nosa conta de Gmail . Falamos con algúns amigos que utilizaran antes esta plataforma e confirmáronnos que para principiantes era unha ferramenta fácil de aprender a utilizar. Unha vez creada, comezamos a cambiar o fondo, poñer unha imaxe de portada, elexir unha fonte de letra e todo o relacionado co deseño da páxina. Tamén creamos catro apartados máis además do de inicio, que serían: ...