Ardora

Ola a todos e a todas!

Para seguir completando as tarefas do noso material didáctico decidimos utilizar esta vez o programa de Ardora. Non coñecíamos este programa, e o descubrimos grazas ao noso profesor de Escola, comunidade e TIC.

Ardora é totalmente gratuíto e se pinchas aquí tes o enlace directo a web para poder descargar este programa. Tivemos que seleccionar o idioma e despois na marxe esquerda apareceu a opción de descargar. Tardou uns 3 minutos en descargarse o arquivo zip . Despois, seguindo este documento , tivemos que descomprimir o arquivo. Resultounos complicado o de descomprimir o arquivo, tanto que como non sabíamos que pasaba, decidimos borrar todo e comezar dende 0 a descargar todo. Á segunda foi a vencida e conseguimos entrar no programa.

Como era a primeira vez que utilizábamos este programa, e non controlábamos moito, decidimos facer unha sopa de letras guiándonos por este documento. Pareceunos que do noso tema, o apartado que máis se acomodaba a unha sopa de letras era o das partes do corpo.

A nosa sopa de letras, consiste en buscar 15 partes do corpo que veñen acompañadas con definición ou imaxe.
Captura de pantalla da nosa actividade

Para gardar o proxecto volvemos ter dificultades, porque non sabíamos onde se gardaba e logo non éramos capaces de abrilo, pero seguindo un vídeo que nos proporcionou o profesor no campus virtual, conseguimos facelo.

Por último, presentoúsenos outra dificultade: como crear un enlace ou como subir a nosa sopa de letras á páxina web.  Esta vez non atopamos ningún documento que nos axudara, así que, decidimos mandarlle un correo ao noso profesor. 

Por limitacións técnicas relacionadas coa seguridade, moitas páxinas web (por exemplo o propio Blogger ou Google Sites) non admiten directamente proxectos Ardora e, ata onde eu sei, non hai xeito de conseguir o código de inserción.
Entón, se queredes simplemente amosar como son as actividades Ardora, podes facerlles capturas de pantalla e subir as imaxes correspondentes á páxina.

Decidimos facer caso as indicacións e engadimos unha captura da nosa sopa de letras, que conformaría a segunda tarefa do material didáctico.

Pero isto non é todo, porque o noso profesor deunos tamén otra opción: Se vos interesa que calquera que acceda á páxina descargue a actividade, podedes subir previamente subir as carpetas coas actividades Ardora publicadas ao voso OneDrive e logo insertar o enlace na web.


Captura de pantalla


A continuación copiamos o vínculo e o engadimos a nosa páxina web.

Non nos resultou difícil traballar con Ardora. O máis complicado o feito de que sexa incompatible con outras páxinas web.



Imaxe recuperada de: http://webardora.net/






Comentarios

Entradas populares de este blog

Aprende con Quizlet!