Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como páxina web

LISTO!

Imagen
Ola a todas e a todos! Podemos dicir que... o noso material didáctico está listo!💃👏 A páxina web está completada. Xa engadimos o vídeo e a explicación a esta tarefa que deberán realizar os alumnos. Se queredes ver o vídeo que lle propuxemos ao alumnado pincha aquí 👈. Resultounos moi fácil engadir un vídeo a páxina web e non atopamos ningunha dificultade. A nosa web está preparada para que o alumnado de terceiro de primaria a utilice para traballar o tema que presentamos. A continuación, deixámosvos unha grabación de vídeo, de como se ve a nosa páxina web dende un móvil. Estamos moi contentas de como quedou a nosa páxina web . Foi o que máis tempo nos levou á hora de completar esta actividade, pero aprendemos moito e cremos que o resultado é bo.  Por outra parte, xa temos lista a guía didáctica, que tamén nos levou bastante tempo ler os documentos para completar o apartado de competencias e informarnos como estaba o currículum deste tema para terceiro de prima...

Páxina web ( Parte 2)

Imagen
Ola a todos e a todas! Hoxe, continuamos coa páxina web da que vos falamos no último post . Creamos un material de estudo con Google presentacións onde se atopan todos os contidos teóricos que traballaremos co noso tema. Xa explicaremos máis detalladamente a presentación do tema. Unha vez feito, insertámolo na páxina web no apartado correspondente. Tamén introducimos o mapa mental comentado no anterior post. Captura de pantalla da nosa web Ademáis, engadimos á web as tres tarefas que xa tiñamos creadas, é dicir, o Kahoot, a sopa de letras de Ardora e o Educaplay. So tivemos que engadir o enlace de cada unha de elas e unha breve descripción de que se traballaba en cada unha delas. Ademáis engadimos unha imaxe par cada tarefa. Aproveitamos para engadir as referencias que non puidemos engadir nas propias tarefas, no apartado destinado a isto. Captura de pantalla da nosa web Con todo isto só quedaría engadir o contido ao apartado de vídeos finalizar o noso materia...

Páxina web (Parte 1)

Imagen
Ola a todos e a todas! Nos post de hoxe queremos contarvos como naceu a nosa páxina web ''O noso corpo'' . Cando falábamos de organizar todo o traballo, decidimos que todo o material didáctico estaría organizado del algunha maneira. Barallamos dúas opcións, a opción de crear un blog ou unha páxina web . Finalmente, decidímosnos pola páxina web porque xa íamos ter un blog a modo diario (así o pedía o profesor) e queríamos descubrir formas de traballar novas e diferentes. Decidimos crear a nosa páxina web con Google Sites, xa que parecía unha plataforma sinxela e xa aproveitábamos a nosa conta de Gmail . Falamos con algúns amigos que utilizaran antes esta plataforma e confirmáronnos que para principiantes era unha ferramenta fácil de aprender a utilizar. Unha vez creada, comezamos a cambiar o fondo, poñer unha imaxe de portada, elexir unha fonte de letra e todo o relacionado co deseño da páxina. Tamén creamos catro apartados máis además do de inicio, que serían: ...