Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como aprender

Aprende con Quizlet!

Imagen
Bo día a todos e todas! Quizlet é unha ferramenta coa cal podedes crear tarxetas con contidos educativos que permiten controlar o aprendido polos alumnos e alumnas. No noso caso, decidimos aproveitar para explicar unha parte do tema que relaciona as tres funcións vitais dos seres humanos (nutrición, relación e reprodución), a través de seis términos da unidade.  imaxe recuperada de:  https://i.ytimg.com/vi/DChqfZUgvXo/maxresdefault.jpg A pesar de que era a primeira vez que utilizabamos a aplicación, en xeral, non tivemos ningún tipo de dificultade en todo o proceso. A verdade e que nos sorprendeu de forma favorable, xa que ten numerosas opcións para aprender.  Por unha parte, danos a oportunidade de estudar de cinco formas diferentes: fichas, aprender, escribir, ortografía e probar. Por outra parte, tamén temos a opción de xogar grazas a os apartados: combinar e gravidade.  A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo que explica todas as opci...

Ardora

Imagen
Ola a todos e a todas! Para seguir completando as tarefas do noso material didáctico decidimos utilizar esta vez o programa de Ardora . Non coñecíamos este programa, e o descubrimos grazas ao noso profesor de Escola, comunidade e TIC. Ardora é totalmente gratuíto e se pinchas aquí tes o enlace directo a web para poder descargar este programa. Tivemos que seleccionar o idioma e despois na marxe esquerda apareceu a opción de descargar. Tardou uns 3 minutos en descargarse o arquivo zip . Despois, seguindo este documento , tivemos que descomprimir o arquivo. Resultounos complicado o de descomprimir o arquivo, tanto que como non sabíamos que pasaba, decidimos borrar todo e comezar dende 0 a descargar todo. Á segunda foi a vencida e conseguimos entrar no programa. Como era a primeira vez que utilizábamos este programa, e non controlábamos moito, decidimos facer unha sopa de letras guiándonos por este documento. Pareceunos que do noso tema, o apartado que máis se acomodaba a unha sopa d...