Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como meindmeister

Páxina web ( Parte 2)

Imagen
Ola a todos e a todas! Hoxe, continuamos coa páxina web da que vos falamos no último post . Creamos un material de estudo con Google presentacións onde se atopan todos os contidos teóricos que traballaremos co noso tema. Xa explicaremos máis detalladamente a presentación do tema. Unha vez feito, insertámolo na páxina web no apartado correspondente. Tamén introducimos o mapa mental comentado no anterior post. Captura de pantalla da nosa web Ademáis, engadimos á web as tres tarefas que xa tiñamos creadas, é dicir, o Kahoot, a sopa de letras de Ardora e o Educaplay. So tivemos que engadir o enlace de cada unha de elas e unha breve descripción de que se traballaba en cada unha delas. Ademáis engadimos unha imaxe par cada tarefa. Aproveitamos para engadir as referencias que non puidemos engadir nas propias tarefas, no apartado destinado a isto. Captura de pantalla da nosa web Con todo isto só quedaría engadir o contido ao apartado de vídeos finalizar o noso materia...

Mindmeister

Imagen
Moi boas! Para que os nenos e nenas poidan estudar dunha forma máis práctica, decidimos facer un mapa conceptual que englobe as etapas da vida. Para isto, decidimos emplear a aplicación mindmeister, xa que nos pareceu unha ferramenta sinxela para usar e moi visual para estudar. GIF recuperado de:  https://cdn1.mindmeister.com/assets/library/general/collaboration-43a476e5fcbfce3ec8e8c5f483292c98af9198a339a81be4474a6295a46f59d3.gif Esta non era a primeira vez que a utilizábamos para realizar traballos de clase, pois xa tivemos esta oportunidade en algunhas materias do Bacharelato.  Algo que nos impresionou foi que se puidera poñer fotos e emoticonos nos cadros do mapa, proporcionando unha gran visión integra do tema e favorecendo o desenvolvemento no estudo.  Polo xeral, valoramos moi positivamente esta aplicación e a recomendamos a todo o alumnado que queira organizar ben as ideas do temario de estudo. Estamos seguras de que esta non vai a ser a última vez ...