Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como partes do corpo

Ardora

Imagen
Ola a todos e a todas! Para seguir completando as tarefas do noso material didáctico decidimos utilizar esta vez o programa de Ardora . Non coñecíamos este programa, e o descubrimos grazas ao noso profesor de Escola, comunidade e TIC. Ardora é totalmente gratuíto e se pinchas aquí tes o enlace directo a web para poder descargar este programa. Tivemos que seleccionar o idioma e despois na marxe esquerda apareceu a opción de descargar. Tardou uns 3 minutos en descargarse o arquivo zip . Despois, seguindo este documento , tivemos que descomprimir o arquivo. Resultounos complicado o de descomprimir o arquivo, tanto que como non sabíamos que pasaba, decidimos borrar todo e comezar dende 0 a descargar todo. Á segunda foi a vencida e conseguimos entrar no programa. Como era a primeira vez que utilizábamos este programa, e non controlábamos moito, decidimos facer unha sopa de letras guiándonos por este documento. Pareceunos que do noso tema, o apartado que máis se acomodaba a unha sopa d...

Kahoot!

Imagen
Ola a todos e a todas! Hoxe queremos falar da nosa experiencia á hora de crear o Kahoot . Este xogo, constitúe á primeira tarefa do noso material didáctico sobre ''Como funciona o noso corpo''. Kahoot é una plataforma online de aprendizaxe baseada en xogos. Queríamos iniciar as tarefas cunha actividade que incluíra a toda a clase, e que simultaneamente traballaramos todos no mesmo. Ambas (Uxía e Paula), traballáramos anteriormente con este programa e pensamos que sería moi boa opción para o noso alumnado.  Creamos unha conta en Kahoot e a partir de aí comezamos a nosa actividade. A idea é facer esta tarefa na segunda sesión de traballo, despois de explicar os contidos que se atopan no material de estudo. Está composta por 11 preguntas, que abordan todos os temas presentes no material de estudo. Como os nosos destinatarios, son nenos e nenas de terceiro de primaria, decidimos ampliar o tempo de 20 segundos (que é o predeterminado) a 60 segundos, para que o alumnad...