Kahoot!
Ola a todos e a todas! Hoxe queremos falar da nosa experiencia á hora de crear o Kahoot . Este xogo, constitúe á primeira tarefa do noso material didáctico sobre ''Como funciona o noso corpo''. Kahoot é una plataforma online de aprendizaxe baseada en xogos. Queríamos iniciar as tarefas cunha actividade que incluíra a toda a clase, e que simultaneamente traballaramos todos no mesmo. Ambas (Uxía e Paula), traballáramos anteriormente con este programa e pensamos que sería moi boa opción para o noso alumnado. Creamos unha conta en Kahoot e a partir de aí comezamos a nosa actividade. A idea é facer esta tarefa na segunda sesión de traballo, despois de explicar os contidos que se atopan no material de estudo. Está composta por 11 preguntas, que abordan todos os temas presentes no material de estudo. Como os nosos destinatarios, son nenos e nenas de terceiro de primaria, decidimos ampliar o tempo de 20 segundos (que é o predeterminado) a 60 segundos, para que o alumnad...