Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como educaplay

Xoga con Educaplay!

Imagen
Hoxe traemos un xogo moi divertido! Educaplay é unha ferramenta que permite crear diversos xogos interactivos para que os nenos e nenas aprendan temas relacionados coa materia dunha forma diferente.  Imaxe recuperada de:  https://pbs.twimg.com/profile_images/1082206293664903168/q_EBcoR9_400x400.jpg Esta foi a primeira vez que ambas interactuamos con esta aplicación e a verdade é que nos pareceu doado, xa que os pasos para creala estaban explicados paso a paso e de forma clara. Por iso, non tivemos ningunha dificultade que nos impedira o seu desenvolvemento. No noso caso, decidimos facer unha ruleta de palabras para traballar o vocabulario e as definicións correspondentes coas partes que compoñen o corpo humano. Esta actividade consiste en intentar adiviñar unha palabra por cada unha das letras do abecedario. De este modo, damos unha pista, a cal pode ser unha definición ou unha imaxe. Se non sabes cal é a palabra, podes saltar unha letra e pasar á seguinte. ...