Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como deseño

Blog

Ola a todos ya todas! A creación do blog foi moi sinxela. Traballar con Blogger , resultounos fácil porque xa o coñecíamos e pouco a pouco fomos subindo posts da nosa evolución co material didáctico. Puxemos o blog ao noso gusto. Cambiamos a letra, as cores e a imaxe de cabeceira. Engadimos información sobre nós e na marxe esquerda tamén puxemos etiquetas para identificar mellor as publicacións... Dende un primeiro momento, dividimos o traballo entre as dúas pero sempre consensuamos as entradas e non se subiu nada sen que a outra estivera de acordo. Creemos que traballamos moi ben na creación deste blog , porque aínda que estábamos separadas e cada unha traballaba dende casa, é o noso proxecto común. Seguimos engadindo algunhas cousas ao deseño, pero case temos listo todo o noso blog. Captura de vídeo do noso blog

Páxina web (Parte 1)

Imagen
Ola a todos e a todas! Nos post de hoxe queremos contarvos como naceu a nosa páxina web ''O noso corpo'' . Cando falábamos de organizar todo o traballo, decidimos que todo o material didáctico estaría organizado del algunha maneira. Barallamos dúas opcións, a opción de crear un blog ou unha páxina web . Finalmente, decidímosnos pola páxina web porque xa íamos ter un blog a modo diario (así o pedía o profesor) e queríamos descubrir formas de traballar novas e diferentes. Decidimos crear a nosa páxina web con Google Sites, xa que parecía unha plataforma sinxela e xa aproveitábamos a nosa conta de Gmail . Falamos con algúns amigos que utilizaran antes esta plataforma e confirmáronnos que para principiantes era unha ferramenta fácil de aprender a utilizar. Unha vez creada, comezamos a cambiar o fondo, poñer unha imaxe de portada, elexir unha fonte de letra e todo o relacionado co deseño da páxina. Tamén creamos catro apartados máis además do de inicio, que serían: ...