Xoga con Educaplay!
Hoxe traemos un xogo moi divertido! Educaplay é unha ferramenta que permite crear diversos xogos interactivos para que os nenos e nenas aprendan temas relacionados coa materia dunha forma diferente.

Imaxe recuperada de: https://pbs.twimg.com/profile_images/1082206293664903168/q_EBcoR9_400x400.jpg
Esta foi a primeira vez que ambas interactuamos con esta aplicación e a verdade é que nos pareceu doado, xa que os pasos para creala estaban explicados paso a paso e de forma clara. Por iso, non tivemos ningunha dificultade que nos impedira o seu desenvolvemento.
No noso caso, decidimos facer unha ruleta de palabras para traballar o vocabulario e as definicións correspondentes coas partes que compoñen o corpo humano. Esta actividade consiste en intentar adiviñar unha palabra por cada unha das letras do abecedario. De este modo, damos unha pista, a cal pode ser unha definición ou unha imaxe. Se non sabes cal é a palabra, podes saltar unha letra e pasar á seguinte. Por outra parte, decidimos configurar o xogo de modo que cada participante conta cunha limitación de 6 minutos e 40 segundos, permitindo ter ata 5 erros.
Así, consideramos que é unha gran actividade que permite captar de forma rápida á atención do noso alumnado nas clases e traballar o vocabulario dunha forma entretida e didáctica. Animámosvos a probala!
Imaxe recuperada de: https://www.mariajesusmusica.com/uploads/1/2/6/7/12672556/published/captura-de-pantalla-2017-02-24-a-las-19-05-03.png?1487960106

Comentarios
Publicar un comentario