Kahoot!
Ola a todos e a todas!
Hoxe queremos falar da nosa experiencia á hora de crear o Kahoot. Este xogo, constitúe á primeira tarefa do noso material didáctico sobre ''Como funciona o noso corpo''. Kahoot é una plataforma online de aprendizaxe baseada en xogos. Queríamos iniciar as tarefas cunha actividade que incluíra a toda a clase, e que simultaneamente traballaramos todos no mesmo. Ambas (Uxía e Paula), traballáramos anteriormente con este programa e pensamos que sería moi boa opción para o noso alumnado.
Creamos unha conta en Kahoot e a partir de aí comezamos a nosa actividade. A idea é facer esta tarefa na segunda sesión de traballo, despois de explicar os contidos que se atopan no material de estudo. Está composta por 11 preguntas, que abordan todos os temas presentes no material de estudo. Como os nosos destinatarios, son nenos e nenas de terceiro de primaria, decidimos ampliar o tempo de 20 segundos (que é o predeterminado) a 60 segundos, para que o alumnado teña tempo de ler ben a pregunta e as posibles respostas. Atopamos preguntas con resposta múltiple e preguntas de verdadeiro ou falso. Nós, poñeremos as preguntas na pantalla dixital da clase e cada alumno ou alumna responderá no seu portátil.
Cada pregunta vai acompañada dunha imaxe. Para respectar a honestidade intelectual, decidimos engadir na páxina web un apartado de referencias onde engadimos a fonte de onde sacamos as imaxes, posto que no propio Kahoot non nos daba a opción de poñelo.
Unha vez rematamos o xogo e abordamos todos os temas que queríamos, gardamos e copiamos o enlace do noso Kahoot para engadilo na páxina web onde estaba todo o material didáctico.
Non atopamos ningunha dificultade para realizar dito Kahoot, pois como dixemos anteriormente xa coñeciamos este programa e a súa utilización é moi sinxela.

Imaxe recuperada de: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/tutorial-crear-un-kahoot-para-clase/
Enlace ao noso Kahoot!
Comentarios
Publicar un comentario