Aprende con Quizlet!


Bo día a todos e todas!

Quizlet é unha ferramenta coa cal podedes crear tarxetas con contidos educativos que permiten controlar o aprendido polos alumnos e alumnas. No noso caso, decidimos aproveitar para explicar unha parte do tema que relaciona as tres funcións vitais dos seres humanos (nutrición, relación e reprodución), a través de seis términos da unidade. 


A pesar de que era a primeira vez que utilizabamos a aplicación, en xeral, non tivemos ningún tipo de dificultade en todo o proceso. A verdade e que nos sorprendeu de forma favorable, xa que ten numerosas opcións para aprender. 

Por unha parte, danos a oportunidade de estudar de cinco formas diferentes: fichas, aprender, escribir, ortografía e probar. Por outra parte, tamén temos a opción de xogar grazas a os apartados: combinar e gravidade. 

A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo que explica todas as opcións que nos ofrece está gran ferramenta! 

Comentarios