Mindmeister

Moi boas!
Para que os nenos e nenas poidan estudar dunha forma máis práctica, decidimos facer un mapa conceptual que englobe as etapas da vida. Para isto, decidimos emplear a aplicación mindmeister, xa que nos pareceu unha ferramenta sinxela para usar e moi visual para estudar.


Esta non era a primeira vez que a utilizábamos para realizar traballos de clase, pois xa tivemos esta oportunidade en algunhas materias do Bacharelato.  Algo que nos impresionou foi que se puidera poñer fotos e emoticonos nos cadros do mapa, proporcionando unha gran visión integra do tema e favorecendo o desenvolvemento no estudo. 

Polo xeral, valoramos moi positivamente esta aplicación e a recomendamos a todo o alumnado que queira organizar ben as ideas do temario de estudo. Estamos seguras de que esta non vai a ser a última vez que a empreguemos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aprende con Quizlet!