Entradas

LISTO!

Imagen
Ola a todas e a todos! Podemos dicir que... o noso material didáctico está listo!💃👏 A páxina web está completada. Xa engadimos o vídeo e a explicación a esta tarefa que deberán realizar os alumnos. Se queredes ver o vídeo que lle propuxemos ao alumnado pincha aquí 👈. Resultounos moi fácil engadir un vídeo a páxina web e non atopamos ningunha dificultade. A nosa web está preparada para que o alumnado de terceiro de primaria a utilice para traballar o tema que presentamos. A continuación, deixámosvos unha grabación de vídeo, de como se ve a nosa páxina web dende un móvil. Estamos moi contentas de como quedou a nosa páxina web . Foi o que máis tempo nos levou á hora de completar esta actividade, pero aprendemos moito e cremos que o resultado é bo.  Por outra parte, xa temos lista a guía didáctica, que tamén nos levou bastante tempo ler os documentos para completar o apartado de competencias e informarnos como estaba o currículum deste tema para terceiro de prima...

Guía Didáctica

Imagen
Hoxe presentarémosvos a nosa guía didáctica! Para realizala, determinamos crear un documento compartido de Google a través de Google Drive. En primeiro lugar, puxémonos de acordo para tratar os diferentes puntos da actividade. Así, decidimos aplicar os seguintes puntos: a autoría, a temática, o nivel educativo, as características e o número de alumnos e alumnas, a materia proposta, a organización da actividade, os obxectivos, os contidos, as competencias, o modelo de ensinanza–aprendizaxe, os tipos de materiais didácticos dixitais e o material e actividades a realizar. imaxe obtida de:  https://miro.medium.com/max/750/1*QmYN-vDIlLqqyLcxRqd-FQ.png A verdade é que esta parte da actividade levounos bastante tempo de traballo. Sobre todo para organizarnos e para poñernos de acordo en canto aos índice e a estrutura do documento. Aínda así, creo que a levamos adiante da mellor forma posible e de forma progresiva, sen acumular traballo e sen deixar todo para o último momento....

Aprende con Quizlet!

Imagen
Bo día a todos e todas! Quizlet é unha ferramenta coa cal podedes crear tarxetas con contidos educativos que permiten controlar o aprendido polos alumnos e alumnas. No noso caso, decidimos aproveitar para explicar unha parte do tema que relaciona as tres funcións vitais dos seres humanos (nutrición, relación e reprodución), a través de seis términos da unidade.  imaxe recuperada de:  https://i.ytimg.com/vi/DChqfZUgvXo/maxresdefault.jpg A pesar de que era a primeira vez que utilizabamos a aplicación, en xeral, non tivemos ningún tipo de dificultade en todo o proceso. A verdade e que nos sorprendeu de forma favorable, xa que ten numerosas opcións para aprender.  Por unha parte, danos a oportunidade de estudar de cinco formas diferentes: fichas, aprender, escribir, ortografía e probar. Por outra parte, tamén temos a opción de xogar grazas a os apartados: combinar e gravidade.  A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo que explica todas as opci...

Blog

Ola a todos ya todas! A creación do blog foi moi sinxela. Traballar con Blogger , resultounos fácil porque xa o coñecíamos e pouco a pouco fomos subindo posts da nosa evolución co material didáctico. Puxemos o blog ao noso gusto. Cambiamos a letra, as cores e a imaxe de cabeceira. Engadimos información sobre nós e na marxe esquerda tamén puxemos etiquetas para identificar mellor as publicacións... Dende un primeiro momento, dividimos o traballo entre as dúas pero sempre consensuamos as entradas e non se subiu nada sen que a outra estivera de acordo. Creemos que traballamos moi ben na creación deste blog , porque aínda que estábamos separadas e cada unha traballaba dende casa, é o noso proxecto común. Seguimos engadindo algunhas cousas ao deseño, pero case temos listo todo o noso blog. Captura de vídeo do noso blog

Presentación do tema

Imagen
Ola! Hoxe falaremos sobre o noso material de estudo! Ademais do mapa mental creado grazas a meindmeister, o noso material está constituído por unha presentación que realizamos a través das Presentacións de Google. Nesta, explicamos todos os contidos traballados sobre o tema Como funciona o noso corpo. captura de pantalla da nosa presentación A verdade é que ambas estamos acostumadas a utilizar ditas ferramentas para elaborar presentacións, pero, con todo, nunca realizamos unha que tratara contidos relacionados co temario de Ciencias da Natureza de terceiro de Educación Primaria, polo que foi algo novo para nós.  En xeral, pensamos que este tipo de propostas son un método diferente ao libro de texto tradicional, sendo un material moi suxestivo e novo para que o noso alumnado aprenda dunha forma diferente e máis práctica.  imaxe obtida de:  https://www.tuexperto.com/wp-content/uploads/2020/02/trucos-presentaciones-google-slides.jpg.webp fai cl...

Páxina web ( Parte 2)

Imagen
Ola a todos e a todas! Hoxe, continuamos coa páxina web da que vos falamos no último post . Creamos un material de estudo con Google presentacións onde se atopan todos os contidos teóricos que traballaremos co noso tema. Xa explicaremos máis detalladamente a presentación do tema. Unha vez feito, insertámolo na páxina web no apartado correspondente. Tamén introducimos o mapa mental comentado no anterior post. Captura de pantalla da nosa web Ademáis, engadimos á web as tres tarefas que xa tiñamos creadas, é dicir, o Kahoot, a sopa de letras de Ardora e o Educaplay. So tivemos que engadir o enlace de cada unha de elas e unha breve descripción de que se traballaba en cada unha delas. Ademáis engadimos unha imaxe par cada tarefa. Aproveitamos para engadir as referencias que non puidemos engadir nas propias tarefas, no apartado destinado a isto. Captura de pantalla da nosa web Con todo isto só quedaría engadir o contido ao apartado de vídeos finalizar o noso materia...

Mindmeister

Imagen
Moi boas! Para que os nenos e nenas poidan estudar dunha forma máis práctica, decidimos facer un mapa conceptual que englobe as etapas da vida. Para isto, decidimos emplear a aplicación mindmeister, xa que nos pareceu unha ferramenta sinxela para usar e moi visual para estudar. GIF recuperado de:  https://cdn1.mindmeister.com/assets/library/general/collaboration-43a476e5fcbfce3ec8e8c5f483292c98af9198a339a81be4474a6295a46f59d3.gif Esta non era a primeira vez que a utilizábamos para realizar traballos de clase, pois xa tivemos esta oportunidade en algunhas materias do Bacharelato.  Algo que nos impresionou foi que se puidera poñer fotos e emoticonos nos cadros do mapa, proporcionando unha gran visión integra do tema e favorecendo o desenvolvemento no estudo.  Polo xeral, valoramos moi positivamente esta aplicación e a recomendamos a todo o alumnado que queira organizar ben as ideas do temario de estudo. Estamos seguras de que esta non vai a ser a última vez ...