LISTO!

Ola a todas e a todos!

Podemos dicir que... o noso material didáctico está listo!💃👏

A páxina web está completada. Xa engadimos o vídeo e a explicación a esta tarefa que deberán realizar os alumnos. Se queredes ver o vídeo que lle propuxemos ao alumnado pincha aquí👈.
Resultounos moi fácil engadir un vídeo a páxina web e non atopamos ningunha dificultade.

A nosa web está preparada para que o alumnado de terceiro de primaria a utilice para traballar o tema que presentamos. A continuación, deixámosvos unha grabación de vídeo, de como se ve a nosa páxina web dende un móvil.



Estamos moi contentas de como quedou a nosa páxina web. Foi o que máis tempo nos levou á hora de completar esta actividade, pero aprendemos moito e cremos que o resultado é bo. 

Por outra parte, xa temos lista a guía didáctica, que tamén nos levou bastante tempo ler os documentos para completar o apartado de competencias e informarnos como estaba o currículum deste tema para terceiro de primaria. Foi o máis teórico e menos didáctico, pero era unha parte que había que facer e xa a temos tamén lista!

E por último, con esta entrada poñemos fin ao noso blog. Resultounos sinxelo traballar con Blogger e cremos que este blog quedou ben organizado, cun deseño bonito e atractivo para todo o mundo.

Con isto, entregamos o noso traballo e o noso material didáctico. Esperemos que algún día podamos utilizalo cos noso alumnos e alumnas.

Ata sempre!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aprende con Quizlet!